Nota de prensa da Plataforma con respecto á atención a doentes no Centro de Saúde de Serantes

Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol queremos DENUNCIAR a grave situación na que se atopa o Centro de Saúde de Serantes.

Ao peche do Consultorio da Graña, ás obras que nunca rematan na ampliación do mesmo e que producen masificación, lista de espera e empeoran a asistencia sanitaria, do que non son responsables, en caso ningún, os profesionais que desenvolven alí o seu traballo que tamén sofren esas malas condicións, se ven a sumar a ausencia por diferentes razóns de dous facultativos.

D. José Pedrouzo Bardelas que non consultou a semana pasada e no que vai desta semana e tamén D. Francisco José Cenalmor Palanca por mor dunha Incapacidade Temporal.

Desde a Xerencia da Xestión Integrada de Ferrol non se ten substituído a estes dous facultativos e se acumulan os seus cupos nos outros tres facultativos restantes o que está a ocasionar, listas de espera, sobrecarga de traballo para estes profesionais e a imposibilidade de prestar o servizo nas debidas condicións.

Tamén hai problemas coa activación das tarxetas electrónicas e se está a remitir a doentes ao Fontenla Maristany para que resolvan o problema o que lles ocasiona unha grave molestia.

Demandamos do Sr. Facio Villanueva , que ten declarado repetidas veces que non ía facer recortes en persoal e que ía substituír sempre aos profesionais que fose necesario, a que resolva de xeito inmediato esta situación que afecta gravemente a usuarios e traballadores do Centro de Saúde de Serantes.

Queremos lembrar que desde que o Sr. Facio Villanueva é Xerente da Área de Xestión Integrada, se pecharon , sen ningunha razón asistencial que o xustifique, os consultorios de A Graña en Ferrol e do Seixo en Mugardos, que ESIXIMOS sexan reabertos de xeito inmediato.

Do que pasa no Centro de Saúde de Serantes é unicamente responsable o Sr. Facio Villanueva e en caso ningún o son os profesionais que prestan alí os seus servizos que se ven desbordados pola situación.

Nota de prensa da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol sobre o servizo de Urxencias do CHUF

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol queremos denunciar os continuos colapsos no Servizo de Urxencias do CHUF, que en caso ningún teñen que ver cun pico de gripe, nin son puntuais, como afirma, tratando de escorrer o vulto o Xerente D. Angel Facio.

Como xa manifestamos na mobilización do pasado domingo 3 de marzo, son os continuos recortes en financiamento do Partido Popular os que están provocando unha diminución na calidade asistencial e na prestación de servizos que, a pesar dos interese e dedicación dos traballadores e traballadoras e imposible suplir con esforzo humano.

Os continuos recortes en Atención Primaria, nos últimos tres anos máis de 100 millóns de euros, e o abandono do Plan de Mellora de Atención Primaria comprometido polo Goberno Bipartito e non aplicado polo Goberno do Partido Popular son os que fan que doentes crónicos e polipatolóxicos que, con os recursos necesarios poderían ser, maiormente, atendidos nos seus domicilios polos seus médicos de familia e polo Servizo de Atención a Domicilio, colapsen as Urxencias nos Hospitais de Agudos como está a ocorrer nos últimos meses e cada vez con máis frecuencia, en Vigo, A Coruña e tamén en Ferrol. A falla de Orzamento para a construción dos novos centros de saúde de A Capela, Cedeira e Narón e a ampliación do Fontenla Maristany, a finalización do de Serantes e As Somozas e o peche dos consultorios da Graña en Ferrol e o Seixo en Mugardos son máis recortes na Atención Primaria.

O Xerente da Área de Xestión Integrada de Ferrol, D. Angel Facio, manifestou en repetidas ocasións que non ía escatimar esforzos para dotar esta Área do cadro de persoal preciso para prestar axeitadamente os servizo. Se fose así o colapso das Urxencias do CHUF se solucionaría abrindo unha das plantas aínda pechadas do Hospital Naval, contratando ao persoal necesario.

Tamén aplicando unha política de substitución ao 100% do persoal, en Incapacidade Temporal, Permisos, Vacacións,etc, cousa que non está a suceder.

Desde a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública volvemos a reclamar o investimento comprometido de 63 millóns de euros, en tres anos, para poñer a funcionar completamente o Hospital Naval.

Volvemos a reclamar que se lle dea contido asistencial ao Hospital Novoa Santos e DENUNCIAMOS novamente a permisividade da Administración, que coñece os feitos, que traballan na Sanidade Pública e na Sanidade Privada Concertada, o que é absolutamente ilegal.

DENUNCIAMOS a continúa presión que se exerce, unha e outra vez, sobre moitos doentes da lista de espera de cirurxía traumatolóxica para que se vaian a operar ao Juan Cardona. Nesta Plataforma recibimos denuncias constantes sobre esta práctica.

Tamén DENUNCIAMOS que cada vez se producen máis derivacións ao Juan Cardona de aqueles doentes supostamente “máis rendibles “ de curtos procesos e curtas estancias, deixando para que sexan atendidos na Sanidade Pública aqueles doentes crónicos, de maior idade e de procesos máis longos, que ao non ser atendidos nos seus domicilios polos médicos de familia, debido aos grandes recortes na Atención Primaria, acaban acudindo aos Hospitais de Agudos, colapsando os Servizos de Urxencias.

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
Marzo de 2013.

A mobilización deste domingo na prensa - Manifesto


Varios miles de persoas, en Ferrol, na mobilización en Defensa da Sanidade Pública - Comunicado Final e Fotos




Este Domingo, pasadas ás 12 do mediodía, varios miles de persoas acudiron á chamada da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol. A marcha percorreu varias rúas de Ferrol,  para defender a sanidade pública, contra o seu desmantelamento, a súa privatización e o repago. 

Transcribimos a continuación, o moi interesante comunicado leído ao final da Manifestación Comarcal, por Lucia Meizoso e Elena Casal, no nome da Plataforma.

Manifestación comarcal en defensa da Sanidade Pública


Descarga, imprime e reparte o cartaz da manifestación (cor, A3, pdf)   (grises, A3, pdf)

Descarga a octavilla da manifestación

Convocatoria da Comisión Permanente da Plataforma

A Comisión Permanente da PDSPF esta convocada para o vindeiro LUNS-11 ás 17 horas no local da A.V. Esteiro, co fin de ordenar os acordos máis inmediatos desta ultima Asemblea. Poden participar as entidades desta Plataforma .

 Orde do día :
- Redacción borrador ACTA da pasada asemblea extraord.
- Organización das vindeiras mobilizacións e acordos da Asemblea.

Concentración en demanda do novo Centro de Saúde de Narón

A Concellería de Participación Cidadá do Concello de Narón, infórmavos que o próximo domingo, 17 de febreiro as 12:00 haberá unha concentración na Praza de Galicia para demandar o novo centro de saúde para Narón.


Convocatoria do Pleno da Plataforma

A Comisión Permanente da Plataforma pola Defenda da Sanidade Pública de Ferrol CONVOCA  unha Asemblea Xeral a todas as entidades que conforman esta Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra para o vindeiro Mércores, día 30 de XANEIRO, ás 18 horas da  no local da A. Veciñal de Esteiro.


Esta convocatoria terá por obxecto evaluar o impacto nas entidades socio-sanitarias das actuais políticas da Xunta de Galicia, análise e estudo sobre a atención ás distintas enfermedades crónicas e atención médica nesta Área Sanitaria, da situación das listas espera na Área de Xestión Integrada de Ferrol e dos Orzamentos da Xunta para esta Área Sanitaria

Orde do día

1 .- Análise da situación actual da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferro e debate de método do seu funcionamento interno, cando se cumpren tres anos da súa constitución.-

2.- Situación actual da área sanitaria de Ferrol Afectad@s entidades Socio– Sanitarias.

3 .- PROPOSTA de convocatoria dunha Manifestación Comarcal en Defensa da Sanidade Pública para o domingo 3 de Marzo ás 12 da mañá, coincidindo coa convocada para ese día en Vigo.

4 .- Suxestións e preguntas.-

Ferrol, a 25 de Xaneiro de 2013.

- A Comisión Permanente .-

O Partido Popular rexeita a ILP en Defensa da Sanidade Pública

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol estivemos en Compostela, sendo quen máis presenza tivo. Estiveron tamén as Plataformas da Barbanza, Ourense, Vigo e A Coruña. Achegáronse a saludarnos as parlamentarias de Ferrol: Beatriz Sestayo do Psoe e Iolanda Díaz de Alternativa Galega de Esquerda.
 
A Iniciativa Lexislativa Popular, defendida por Manolo Martín, portavoz de SOS Sanidade Pública, foi rexeitada polo PP e apoiada polos outros tres partidos da oposición. Na comarca de Ferrol a ILP foi asinada por 8.300 persoas e nesta comarca figuraban como promotores: Carlos Piñeiro da Asociación de Amigos do Corazón e Xosé Miguel López da Asociación Veciñal de Esteiro.
 
Mañá Xoves ás 19:30 diante do Edificio da Xunta na Praza de España a Pdspf estaremos presentes na convocatoria da Alianza Social Galega, da que formamos parte, coa nosa pancarta.
 
 
 
 

A Plataforma concentrou a centos de veciños e veciñas de Ferrol na Defensa da Sanidade Pública

A pesar do mal tempo, centos de veciños e veciñas de Ferrol, convocados pola Plataforma na Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, concentraronse diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, en defensa da Sanidade Pública, contra a privatización e o repago.

Ao final do acto, Xosé Miguel López Pérez da Asociación Veciñal de Esteiro e Elena Casal Mera, da Asociación Cultural “ Fuco Buxán” leron un manifesto elaborado para a ocasión.

Descargar manifesto


Fotos de Susete70

Concentración en Defensa da Sanidade Pública e contra a privatización e o repago.



Colabora coa Plataforma espallando o material da Concentración:

Apoio da Plataforma á Folga Xeral do 14 de novembro

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol asumimos o acordo de SOS Sanidade Pública de apoiar a convocatoria da Folga Xeral convocada para o día 14 de Novembro en Galicia e en todo o Estado Español.

Facemos un chamamento a todas as entidades que compoñen a Pdspf, para que participen na Manifestación que sairá ás 12 do mediodía do Inferniño .

Tamén facemos un chamamento a que se faga unha folga de consumo de 24 horas.

CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988